Na entrada de hoxe falareivos sobre unhas presentacións que chamaron a miña atención o último día de clase. Pertencen ao tema 8, que trata sobre as linguas estranxeiras como fenómeno global en base a experiencias educativas internacionais.
Pinchando en cada imaxe poderedes acceder ao blog de cada unha das autoras onde recollen a súa presentación.
Primeiro comezou por explicar o termo Brexit, que é unha palabra formada a partir de Britain + exit. Refírese á saída do Reino Unido da UE tras un referéndum efectuado en 2015 no que un 51'8% da poboación votou positivimante. Depois presentou como se verá afectada a educación en caso de que finalmente abandonen a Unión. En España perxudicará ás 120 Escolas Británicas que hai repartidas por todo o territorio e, por ende, aos seus alumnos e docentes. A educación no Reino Unido verase alterada no sistema universitario, aumentando entre 10 000 e 30 000 € anuales as taxas. Sen embargo, o programa Erasmus+ non se verá moi afectado.
Finalmente, orixinou un debate en base a dúas afirmacións:
- "Me expresaré en francés porque el inglés, de forma lenta pero segura, está perdiendo importancia en Europa", Jean-Claude Juncker.
- "No creo que el inglés pierda importancia. La parte este de la UE habla inglés, también el norte", Navracsics.
Outra presentación que chamou a miña atención foi a de Lara, tamén sobre o Brexit. Neste caso trataba sobre un posible cambio que orixinaría o Brexit de cara ao inglés como lingua hexemónica da Unión Europea.
Lara expuxo brevemente o Brexit, falou das linguas francas e falou sobre a realidade lingüística dos idiomas na UE. No canto das linguas francas dixo que pode chegar a cambiar, posto que, primeiro, a lingua vehicular de comunicacion internacional foi o latín e despoi,s o francés. Sinceramente, eu non creo que ocurra.
Tamén nos contou que na UE non hai ningunha lingua oficial, senón que cada lingua é cooficial. Aínda así, expresou a súa inquietude con respecto ao uso desta lingua na UE, xa que cada país, ao ingresar, tivo que decantarse por unha lingua para presentala como lingua de uso dese país. No caso dos dous países que falan inglés coma lingua cooficial, Irlanda e Malta, decidiron apostar polo gaélico e o maltés. Isto pode provocar que ningún país se decante polo inglés como a súa lingua, o que desencadenaría que esta lingua deixase de ser empregada.
A min isto pareceríame apoteósico, xa que orixinaría un cambio de lingua vehicular, posto que todos os escritos se fan en inglés e posteriormente se traducen. Tamén me gustaría que se optase por outra lingua aparte do inglés, como pode ser o español e, deste xeito, darlle verdadeiramente a impontancia que ten internacionalmente, xa que, como comentou Alba na súa presentación, só conta cun 13'6% de estudo en Europa, a pesar de ser a segunda lingua máis falada de todo o planeta.
A terceira presentación das que quero falar é a de Antía, que realizou unha comparación entre dous libros de texto.
Antía decantouse por Adosphère, un libro de Francés, e English in use, un libro de inglés. Ambos son do mesmo nivel, 3º da ESO. Sen embargo, a segunda estúdase, polo xeral, como primeira lingua estraxeira e ten tres horas lectivas á semana, mentres que o francés só ten dúas. Esta carga lectiva provoca que en francés haxa máis contido en menos tempo, o que, para min, complica o asentamento dos coñecementos.
Ambos libros teñen moitas similitudes, pero algo que os diferencia e que me chamou bastante a atención é que Adosphère conta cun apartado exclusivo de preparación para o DELF, o exame de certificación de lingua francesa, correspondente ao nivel que se debería alcanzar. Considero que isto é bastante beneficioso, pois o docente podería alentar aos estudantes a realizar este exame e comezar a obter títulos que lles serán útiles de cara ao futuro.
Baixo o meu punto de vista, o nivel da primeira lingua estranxeira que se alcanza en España ao finalizar a etapa educativa obrigatoria é excesivamente baixo. En Francia, en teoría, según expuxen na miña presentación, rematan cun nivel B2, mentres que o nivel esperado en España é moito menor.
Finalmente, a que para min foi a máis amena de todas, a presentación de Tania. Decideu mostrar como trataría os estereotipos nunha aula de inglés baseándose no coñecemento declarativo. Para min, foi unha presentación de 10. Non só polo divertida que foi, senón porque creou unha unidade didáctica completa na que trataría ese tema. O mellor de todo foi que nos fixo participar no que ela plantexara como desenvolvemento das sesións.
Como mostra da primeira sesión, tivemos que opinar persoalmente baseándonos nos nosos propios prexuízos de onde criamos que eran as persoas que ela nos mostraba e a que se adicaban. Estas persoas eran do seu entorno, polo que sabía perfectamente as respostas. Con este exercicio nós mesmos e mesmas nos demos conta de que o que pensabamos non era para nada o acertado. Esta actividade consistía en demostrar que os prexuízos étnicos non serven para nada.
Na segunda, organizou unha actividade de prexuizos que a xente ten sobre os ingleses e inglesas e os estadounidenses apoiándose nun vídeo de dúas youtubers compañeiras de piso, cada unha dun destes países. Esta actividade serviríalle para que os propios alumnos comentaran os prexuízos que eles teñen sobre esta poboación.
Finalmente, na terceira sesión decideu traballar os estereotipos de xénero, demostrando e ensinando aos alumnos que unha persoa se pode identificar con outro xénero sen ser co que naceu. Para min, esta foi a actividade máis reivindicativa, pois é un tema que ten moito debate actualmente. Considero que ninguén debería decidir o xénero dunha persoa baseándose simplemente na súa bioloxía.
Opino que este tema foi o máis levadeiro de todos os tratados na materia, xa que tiñamos que atender ás distintas presentacións que organizamos cada un á súa maneira. Isto derivou en diversidade e orixinalidade, o que puido cautivar a nosa atención en todo momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario