mércores, 15 de xaneiro de 2020

Situacións de ensino das linguas estranxeiras

Ola a todxs!

Na entrada de hoxe comentareivos os exercicios que fixemos na materia de Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras que máis chamaron a miña atención. Estes exercicios estaban relacionandos coas diferentes situacións de ensino das linguas estranxeiras.

O primeiro que tivemos que facer foi xuntarnos en grupos de 5 e elaborar un diagrama de Venn. Consiste en facer dous círculos, ou máis, que se solapan creando unha zona común. Neste caso consistiu en dous: o da esquerda, o azul, representa a lingua estranxeira; o da dereita, o vermello, a lingua materna; e onde converxen ambos, en naranxa, atopamos o común de ambas linguas. Tivemos que pensar os contextos de aprendizaxe e uso. 


Esta actividade foi amena porque tivemos que pensar e poñernos dacordo entre todo o grupo, pero hei dicir que nos resultou un tanto complexa porque para nós todo era ambiguo: parecíanos que todo podía ser común das dúas linguas dependendo do contexto.

A seguite actividade que fixemos, nos mesmos grupos de 5, consistiu en facer un placemat respondendo a dúas destas oito preguntas:
  1. Na UE fálanse máis de 40 linguas distintas. Fálanse todas no parlamento?
  2. Na Ue fálanse máis de 40 linguas distintas. Usa todas a Comisión Europea?
  3. Inditex ten 6913 tendas nos 5 continentes. Que lingua usa cos clientes? En que linguas se comunicas as tendas coa central de Arteixo?
  4. Citroën ten 13 fábricas en 7 países diferentes. En que linguas se comunican os responsables das fábricas entre si?
  5. Pedro é da Coruña e traballa no Zara de Marineda City. Aprendeu a falar en castelán. Que lingua falará cun cliente que lle fale galego? E cun cliente que lle fale inglés?
  6. Unha profesora castelanfalante de historia nun centro de ensino público, en que lingua dará as súas aulas?
  7. Un grupo de erasmus de 5 países europeos diferentes saen de festa e teñen que decidir o local onde van ir tomar a primeira copa. Que lingua van usar?
  8. Nunha feira de tecnoloxía dixital reúnense comerciais de 6 compañías de Francia, Bélxica, Costa de Marfil e España. En que lingua falarán entre si?
O placemat consiste en debuxar un recadro no que se escribe o tema, ou as preguntas, coma neste caso, e se establece un espacio equitativo (todo o equitativo que pode ser feito a man) para cada integrante do grupo. Cada persoa escribirá no seu espazo a súa resposta, sen influír na dos demais. Ao meu grupo e a min tocáronnos as preguntas 4 e 8:


A terceira actividade que me gustou foi en pirámide, é dicir, consistiu en aportar o repertorio lingüístico personal para, finalmente, descubrir o de toda a clase. Dividímolo en linguas e variedades lingüísticas:


As linguas e variedades con cor de fondo verde son de coñecemento activo e con cor de fondo azul, de coñecemento pasivo. Fixemos esta diferencia porque unha lingua da que temos un coñecemento activo é aquela que podemos producir, xa sexa de forma oral ou escrita, mentres que unha con coñecemento pasivo, non; simplemente a podemos comprender. Por exemplo: eu falo galego, o que me permite comprender, en certa medida, o portugués, pero non expresarme correctamente nel, xa que empregaría a miña lingua e algunha palabra solta da segunda. Ocorre o mesmo coas variedades lingüísticas: falo español de España pero non me expreso en español de Venezuela, simplemente o comprendo.

O ultimo exercicio foi o que máis chamou a miña atención, xa que consisteu en xuntarnos en grupos de 5 e analizar cada un/unha un elemento dunha unidade didáctica. Os elementos eran: léxico, produción, recepción, fonética e entoación. No meu grupo fixémolo sobre unha unidade de Hot Spot, un libro de inglés. Unha vez analizamos o noso, puxémolo en común co noso grupo e despois xuntámonos coas outras persoas ás que lle tocara o mesmo apartado cá nós. Tras comparar coas "especialistas", puxémolo en común ante toda a clase. A min tocoume o apartado de fonética e impresionoume a pouca cantidade (2) de exercicios que hai, xa que considero que unha ferramenta importante para poder comunicarse perfectamente é a pronuncia das palabras. Ao poñelo en común coas outras dúas especialistas, démonos conta de que isto non só aconteceu na miña unidade, senón en todas. Non sabemos por que, pero os creadores dos libros de texto non deben considerar importante a fonética. 


En resumo, gustoume facer o diagrama de Venn para coñecer unha nova forma de traballo, a pesar de que nos resultou algo complexo decidir en que círculo ía cada cousa que se nos ocurría. Con respecto ao placemat, aprendín unha forma de traballar que non coñecía e que poderei aplicar cos meus alumnos o día de mañá para cerciorarme de que todos traballan as cuestións ou temas plantexados. O repertorio lingüístico foi impresionante, pois non contabamos con ter tanta variedade. Aínda así non estabamos totalmente dacordo en se podíamos incluír ideas que se nos viñan á cabeza.

Finalmente, con respecto á análise da unidade didáctica, gustaríame plasmar que me parece unha barbaridade que non se contemple case nada a fonética nos libros de texto. Ademais, debemos engadir que, polo menos cando eu estudei a ESO e o Bacharelato, os profesores non se molestaban en facer estes exercicios, simplemente os pasaban por alto. Algo no que coincidimos toda a clase (hai variedade de idades) unha vez os especialistas deste tema expuxemos o noso parecer, foi no único exercicio que se pararon a explicar e facer os docentes de inglés: a pronuncia do pasado dos verbos regulares.

6 comentarios:

  1. ¡Hola Samuel!

    Muchas gracias por exponer el contenido de clase de forma tan clara.
    Estoy totalmente de acuerdo contigo en cuanto a las carencias tan claras de los manuales de texto utilizados para la enseñanza de lenguas extranjeras.

    Todos los manuales se centran en la gramática, en explicar la teoría en un recuadro y hacer ejercicios sencillos para aplicarla. Considero que la gramática es fundamental para hablar bien un idioma; sin embargo, considero que la pronunciación y fluidez oral es muy más relevante.

    Por ejemplo, si nos vamos a Londres y no somos capaces de pronunciar correctamente puede conllevar a confusión y malentendidos; sin embargo; si cometemos un error en la conjugación de un verbo no se acaba el mundo.

    Con todo, considero que se necesita una reestructuración completa de los manuales y voluntad de los docentes para salirse del manual y trabajar las carencias que tienen.

    Gracias y un saludo,

    Lara.

    ResponderEliminar
  2. Hola Samuel,

    Comparto contigo la opinión sobre el diagrama de Venn ya que era difícil saber qué contextos eran de lenguas extranjeras y cuáles de lengua materna.

    Añadir que estoy de acuerdo contigo en que los manuales dejan bastante de lado la fonética. A esto debemos sumar que en las propias aulas los profesores muchas veces pasan por alto las actividades de fonética y me parecen igual de importantes que las de gramática o vocabulario. Además, me parece que puede ser una forma de relajarse un poco más en clase y cambiar un poco el ambiente, dejando de lado la batería de ejercicios sobre gramática y vocabulario; actividades que por otra parte no creo que ayuden a adquirir un conocimiento real de la lengua.

    Por ello, creo que es necesaria una revisión de los manuales utilizados hoy en día, que hemos podido comprobar que no han cambiado desde que nosotros éramos estudiantes.
    Por último decir que como profesores debemos tener el libro como una ayuda y no la base alrededor de la cual se desarrollan nuestras clases.

    Un saludo,

    Alba Troncoso.

    ResponderEliminar
  3. Ola Samuel:

    Noraboa pola túa entrada. Coido que é un moi bo resumo do que fixemos nas últimas clases. Gustaríame centrarme máis concretamente na reflexión que fas ao final, cando expresas a túa indignación ante o feito de que nas Unidades Didácticas actuais segue sen se lle dar importancia á fonética e fonoloxía, algo que nós tamén apreciamos na nosa propia análise. Estou totalmente de acordo contigo. Coma estudante sempre sentín unha carencia enorme á hora de saber por que unha palabra se pronuncia dun xeito ou doutro e parece ser que segue a ser un aspecto que se está a pasar por alto nas aulas actuais. Xunto con isto, na nosa análise tamén apreciamos que os manuais seguen a estar moi desfasados e en xeral, presentan a información dun xeito pouco atractivo para o alumnado.

    Polo tanto, considero que os manuais deberían actualizarse pero ao mesmo tempo penso que como futuros docentes é preciso que comecemos a empregar os libros como unha guía ou complemento na materia pero non coma parte fundamental desta. So así conseguiremos chegar a ese modelo construtivista do que tanto se está a falar pero que nunca chega a implementarse na práctica.


    Saúdos,


    Tania

    ResponderEliminar
  4. Que tal Samu!

    Noraboa, unha vez máis, polas túas entradas. Comento nesta, pero veño de ler todas as anteriores que non lira dende a última vez que che comentara.

    Quería cambiar un pouquiño a tónica dos comentarios e non centrarme na teoría, senon na práctica que fixemos na aula. Isto é porque, en verdade, gustoume moito como na primeira sesión de didáctica con Gonzalo puxemos en práctica a teoría mediante actividades que fácilmente poderíamos aplicar á aula.

    Pareceume moi refrescante face-las actividades do placemat e do diagrama de Venn, e non exposicións como fixemos durante o curso. Especialmente, gustoume o placemat, xa que é unha forma ordenada e sinxela de chegar a un acordo no grupo e de facilitar que todo o mundo exprese a súa opinión. E dicir, axúdanos a evitar que os máis tímidos non digan nada ou que algún que ten unha opinión diferente a garde despois de ver que difire da dos demáis compañeiros.

    É máis, hai unhas semanas decidín facer un placemat con algunhas das miñas alumnas de inglés de clases particulares, e responderon moi moi ben á actividade, xa que non a tiñan feito previamente.

    E ti, qué pensas? utilizarías estas ferramentas na aula? Ademáis gustaríame pedirche algunha idea ou suxerencia para as miñas clases particulares...

    Un bico e vémonos o xoves ;)

    ResponderEliminar