Vouvos contar a actividade que fixemos na aula en relación ás programacións didácticas.
Debido a que o docente non podía asistir á primeira metade da sesión, mandounos facer un exercicio para, posteriormente, explicarnos unhas nocións básicas sobre o tema. Este consistía en ir á ferramenta web da Xunta de Galicia para buscar centros de ensino secundario ou de Formación Profesional (para acceder a ela pinchade aquí). Nós escollimos o I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense.
Unha vez seleccionado o centro, tiñamos que navegar pola súa páxina web ata atopar as programacións didácticas. No noso caso, escollimos a programación de Francés, lingua da miña especialidade (a miña compañeira solidarizouse conmigo coma anteriormente fixera eu noutras actividades). Para acceder á programacion didáctica escollida pinchade aquí.
Seguidamente, tivemos que identificar os principais apartados que conforman unha programación didáctica e describir brevemente os contidos de cada un deles. Á vez que faciamos isto, tiñamos que empregar unha rúbrica para puntuar esta programación. A rúbrica empregada é a seguida por cada tribunal de oposicións de Galicia:

Baixo o noso xuízo, a programación obtivo unha calificación de 3'45 sobre 6. A continuación detallarei as notas outorgadas en cada apartado:
A: 0'20/0'25. Xustifica a inclusión da materia no currículo, refírese a un centro en concreto , ao que se pertence, e fai referencia ás competencias nun apartado exclusivo.
B: 0'10/0'25. Hai indicios de coherencia entre obxectivos, contidos, criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe. Aínda así, non lle outorgamos a puntuación máxima porque se limita a copialos do DOG.
C: 0'75/1'00. Presenta de xeito xeral os métodos empregados para avaliar e calificar e fai referencia aos diferentes tipos de avaliación que se empregarán. Aínda así non recibe a puntuación máxima porque non cumpre todos os requisitos do apartado.
D: 0'75/1'50. Aquí tivemos dúbidas á hora de asignar a puntuación debido a que ningún ítem se axeitaba ao que presenta a programación. De todos xeitos, optamos por esta puntuación porque incúe a metodoloxía e a temporalización de forma máis ou menos precisa e os diferentes recursos que se empregarán para levar a cabo as diferentes unidades.
E: 0'50/1'75. Hai un apartado dedicado á atención á diversidade pero non se presenta de maneira xeral. Só di que se adecuarán os contidos en caso necesario.
F: 0'15/0'25. Inclúe a aportación da materia ao plan lector do centro, fala dos elementos transversais e menciona as adaptacións curriculares. Non recibe a puntuación completa porque non o especifica en cada unidade.
G: 1'00/1'00. Inclúe un apartado específico onde se trata a modificación da programación ao fin de cada trimestre. Tamén inclúe as rúbricas que se seguirán para avaliar a propia programación, a práctica docente e o proceso de ensinanza.
H: Non se puntuou porque non houbo presentación oral.
Cabe destacar que o tribunal establece as notas medias entre o máximo e o mínimo. É por iso que as notas que nós puxemos poden ser diferentes ás que outorgaría un tribunal.
Sinceramente, non me gustaría que me tocase un tribunal tan esixente coma o fumos nós. Aínda así, pareceume unha actividade moi interesante para familiarizarnos coa ferramenta que usarán connosco cando nos presentemos a unhas oposicións. O docente comentara na clase que hai moitas persoas que non se ateñen a esta rúbrica a pesar de ser publicada con anterioridade á oposición. Para min, será un consello a seguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario