sábado, 14 de decembro de 2019

Dossier - Tema 5: O deseño curricular

Ola a todxs!

Na entrada de hoxe falaremos sobre as tarefas realizadas na aula en relación ao deseño curricular (tema 5).

Para descubrir o coñecemento previo que tiñamos, o docente propúxonos unhas preguntas que tiñamos que responder entre toda a clase. En nome de todxs, creo que podo dicir que aprendemos cousas que deberíamos ter aprendido nas anteriores materias do mestrado, algo bastante positivo a recalcar desta sesión.

A segunda actividade consistiu en participar nun Kahoot!, unha ferramenta en liña que permite crear cuestionarios. Desta volta, participamos individualmente. Os acertos e a rapidez de resposta suman puntos para a clasificación final, xerando competencia entre os compañeirxs do grupo-aula. A experiencia de participar nun Kahoot! gustoume pola competencia entre nós e porque tanto o docente coma nós nos demos conta do que realmente sabiamos en relación á distribución das competencias.

Despois, tocounos traballar a nós para posteriormente expoñer a nosa especialidade ao resto do grupo. O docente dividiunos en grupos e repartiu os diferentes apartados dun documento de Google creado por el sobre as linguas estranxeiras na LOMCE. Os apartados eran os seguintes:




Ao meu grupo e a min tocounos buscar información sobre as linguas estranxeiras na FP Básica e nos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior (puntos 6.3 e 6.4). Hei confesar que esta tarefa me resultou bastante complexa e frustrante, pois nos levou moito tempo atopar a información que se nos requiría. Ademais, ao non cursar ningún integrante do grupo unha FP, resultounos moi complexo comprender a organización. Finalmente, cando conseguimos toda a información, os integrantes do meu grupo elaboramos un Prezi (podedes consultalo aquí). Posteriormente, grupo por grupo, fomos expoñendo a nosa parte para que, deste xeito, o resto da clase tivera os mesmos coñecementos ca nós sobre o tema da nosa especialidade.

Desta actividade non me gustou a frustración que sentín ao non ser capaz de facer o que me pedían e traballar todo o grupo-aula nun mesmo documento, porque ao estar no grupo ao que lle asignaran a parte final, cada vez que alguén insería algo, desubicabámonos e tiñamos que atopar de novo os nosos apartados. Sen embargo, a parte moi positiva que lle atopo é que nos autoavaliamos os uns aos outros seguindo unha rúbrica que nos proporcionara o docente. Considero que así é como mellor se aprende, pois os compañeiros, en xeral, temos máis flexibilidade entre nós ca o docente. É por isto polo que, considero, nos demos as nosas puntuacións máis sinceras.

Finalmente, tocounos traballar individualmente. Desta volta foi, de novo, un traballo de investigación, coma na actividade anterior. Nesta ocasión tivemos que buscar un apartado do seguinte esquema en relación coas Escolas Oficiais de Idiomas (EOI):




A min tocoume buscar información sobre a función da comisión de validación de probas de certificación (terceiro punto comezando por abaixo). Neste caso, a busca de información foi moito máis sinxela e levadeira. Unha vez atopada a información, tiñámola que resumir e pegar nunha presentación de Google que o docente compartira con nós. Unha vez máis, tivemos que expoñer diante da clase o noso apartado para transmitirlles o coñecemento que adquiríramos. 

Coma conclusión gustaríame deixar constancia de que este sistema de aprendizaxe me gustou bastante porque todas as persoas da aula somos partícipes da aprendizaxe dos demais transmitíndolles o que investigamos e aprendemos. Considero que é un método moi efectivo, dinámico e ameno.

2 comentarios:

  1. Hola Samuel,

    estoy muy de acuerdo contigo en que este tipo de metodología de aprendizaje es bastante efectiva. Al ser diferente, llama mucho la atención y motiva al alumnado (por lo menos a mí). Además te obliga a trabajar en clase; de esta manera ya vas interiorizando el temario y te ayuda a estar más atenta e implicada en el aula.

    Por otro lado, estoy conforme con la autoevaluación y la rúbrica, pero no creo que por conocernos más seamos más sinceros con las puntuaciones, si no al revés. El hecho de tener confianza entre nosotros y conocernos yo creo que nos lleva más a ser bueno que a ser objetivo. Sin embargo, considero que es una buena forma de que el alumno sepa por qué tiene una nota u otra.

    Por último, solo quería comentar que yo también sentí la misma frustación en la actividad del documento compartido de Google, ya que íbamos en el mismo grupo. Al final, ¡resultó mucho más cómodo hacerlo en un documento a parte y después juntarlo!

    Un saludo,

    Antía Touriño

    ResponderEliminar
  2. Hola Samuel,

    Estoy de acuerdo contigo en que el empleo de Kahoot es muy útil en el aula y que ayuda a hacer saber tanto al docente como al discente qué saben sobre el tema. Sin embargo, creo que hubiera sido mejor haber realizado el Kahoot tras una explicación sobre el tema. De esta manera, sería posible hacer un repaso sobre la materia explicada y afianzar los contenidos.

    Por último, en cuanto a la actividad a través de Google Drive, estoy de acuerdo con que fue bastante frustrante trabajar en un mismo documento. Pero creo que es una buena herramienta para compartir el trabajo realizado por los diferentes grupos de clase y que la información quede recogida en un mismo documento.

    Un saludo,

    Alba Troncoso.

    ResponderEliminar