Na entrada de hoxe imos falar sobre as programacións didácticas vixentes.
Para comezar, definiremos que é unha programación didáctica. É un instrumento de planificación curricular específico e necesario para desenvolver o proceso de ensino e aprendizaxe do alumnado. Noutras palabras, é unha guía a seguir para desarrollar o proceso de ensino e aprendizaxe. Actualmente, segundo a Ley Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) hai diferencias entre as programacións didácticas dependendo dos estudos que se realicen.
No caso da Educación Secundaria Origatoria e o Bacharelato son os departamentos dos centros docentes os responsables da elaboración das programacións. Poden facer unha conxunta de todos os cursos, como puidemos apreciar analizando unha programación didáctica na parte práctica deste tema, ou facer unha por curso. Os puntos indispensables que unha programación nestes estudos debe ter son:
Sen embargo, na Formación Profesional (FP) son os centros educativos quen elabora as programacións correspondentes a cada módulo profesional. Con respecto á ESO e ao Bacharelato difire en certos aspectos:
No caso das Escolas Oficiais de Idiomas (EOI), cada departamento de idiomas debe seguir as directrices propostas pola comisión e coordinación pedagóxica e establecidas no proxecto educativo (PE), o que provoca que se teña que elaborar segundo os principios que nel se recollen. Neste tipo de ensinanza, os contidos das programacións tamén son diferentes aos casos que vimos previamente:
Para min, unha programación didáctica é un documento idílico, pois, segundo a miña experiencia persoal exercendo de estudante, nunca se abarcou toda a materia que englobaba a programación. Considero que simplemente son guías, xa que, baixo o meu punto de vista, o avance da materia depende da capacidade de cada alumno e alumna da aula. Deste xeito, como soe haber diferencias entre alumnos, hai que adaptarse aos máis rezagados e rezagadas, causando que non se remate a programación, algo habitual que se arranxa (a ollos da inspección) redactando a memoria anual.
Unha obrigatoriedade que diferencia as EOIs fronte aos centros de ensino secundario e de FP é a publicación obrigatoria, como mínimo, dos criterios de avaliación esixibles para superar cada curso dentro de cada nivel de cada idioma. Con respecto a isto considero que debería ser obrigatorio en calquer nivel educativo, posto que así, o alumnado sabería o que ten que acadar, como moi tarde, a final de curso para conseguir promocionar. Aínda así, pódese considerar unha arma de dobre fío, pois os alumnos e alumnas poden adoptar esta medida coma unha acomodación e resignarse a facer o mínimo esforzo para aprobar sen esforzarse e superarse a sí mesmos e mesmas e, deste xeito, conseguir o máximo partido propio.

Enlaces de interese:
- Actividade práctica de análise dunha programación didáctica.
- Anexo X do DOG nº48 de 2019 no que se establecen os criterios de puntuación dunha programación didáctica.
- Programación da materia de Francés do I.E.S. Otero Pedrayo de Ourense que analizamos.
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla Samuel!
ResponderEliminarNoraboa pola túa entrada! Valoro especialmente a túa honestidade ao final desta, cando das a túa visión sobre o que acontece na realidade educativa no relativo ás programacións didácticas. Considero que é moi importante para nós, futuros docentes, dar ese salto das ideas aos feitos reais, posto que se ben a teoría resulta de grande utilidade nun sentido formativo, o que nos imos atopar nas aulas será probablemente moi distinto do que estamos a estudar agora mesmo.
Non obstante, considero que a nosa misión, como nova xeración de docentes é a de mellorar este sistema. É certo que na meirande parte dos casos as programacións didácticas non se chegan a realizar na súa totalidade, mais considero que o problema non radica nas programacións en si mesmas, senón nunha mala organización ou xestión da aula por parte do docente.
Dende a miña perspectiva, as programacións didácticas deberían ser máis concretas, ir aos contidos e actividades que resulten máis relevantes para a aprendizaxe do alumnado. Ademais, dende a miña experiencia coma estudante, en moitísimos casos a non consecución dos obxectivos didácticos debíase a unha mala produtividade na aula e a perda de tempo con aspectos que non eran realmente interesantes.
Creo que cunha Nova Era de docentes máis motivad@s e preparad@s poderase mellorar moito neste aspecto, tanto na calidade das programacións coma na consecución dos obxectivos. Todo isto sen olvidar obviamente coma ti moi ben expresas, que non hai dous grupos ou alumn@s iguais e que non é unha ciencia exacta. Debemos estar preparad@s para adaptarnos ás circunstancias dadas.
Ola Samuel!
ResponderEliminarSinceramente gustoume moito a túa reflexión final, coa que estou totalmente de acordo.
Na miña visión como estudante, o profesorado na etapa da secundaria, non ofrecía ninguna explicación da metodoloxía de traballo, a forma de avaliación (xa se suponía que un exame final) e nen falar dos contidos que se traballarían ao longo do curso. O que facían era seguir, a meirande parte das ocasións, a estructura do libro de texto de turno para explicar os contidos, sen ningún tipo de innovación ou moitivación extra para o alumnado.
Coma futuros profesores e profesoras deberiamos conseguir crear una programación o máis real posible e que poidamos levar a práctica na aula e non simplemente un mero trámite para conseguir a praza de profesor ou profesora de linguas estranxeiras. É certo que atoparemos dificultades e pouco apoio por parte dalgúns compañeiros e compañeiras, pero cun chisquiño de esforzó e paixón poderemos conseguir una educación inclusiva (real), de calidade e útil para o alumnado.
Un saúdo.